PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

PEQUECIES BLOG

viernes, 12 de enero de 2024

Amuletos de Exipto. 4 anos.

Investigamos os amuletos de Exipto e falamos sobre eles. Despois recortamos un par deles dunha folla e os pegamos. Finalmente escribimos o seus nomes e os repasamos con rotulador.

jueves, 11 de enero de 2024

Xogo de Catch It!. 4 anos

Xogamos o Xogo que nos trouxeron os Reis: Catch It!. Temos tres dados con formas, cores e animais. Debíamos tirar os dados e escollera a ficha que nos tocaba.  Gañaba o qué máis fichas conseguira.

viernes, 22 de diciembre de 2023

Teatro Nadal infantil

Hoxe veu a compañía de teatro Fabiana a representar unha adaptación de Pinocho. 


Ademais a Anpa do colexio preparounos unha deliciosa chocolatada. 

 
Xa estamos de vacacións pero queremos dende infantil desexaros unhas felices festas e agradecer a todas as familias a súa participación nas actividades propostas polo cole.

Xa nos vemos nuns días.

Bo Nadal!!!

miércoles, 20 de diciembre de 2023

Fin de ano

Hoxe viñemos tod@s súper elegantes ao cole porque íamos festexar o fin do ano 2023.

Estes días preparamos uns cucuruchos para tomar 12 gusanitos ao son das campás de fin de ano.

Tamén fixemos un gran baile e unha provocación navideña con espumillón e luces de cores.

Neste vídeo podedes ver o ben que o pasamos!!

martes, 19 de diciembre de 2023

Obradoiros Nadal

Esta mañá fixemos 3 obradoiros co alumnado de infantil:

✅️ Obradoiro de cociña, organizado pola mestra Raquel, onde o alumnado creou uns divertidos bonecos de neve con pan de molde, chocolate líquido e lacasitos.

✅️ Obradoiro de mandalas, coa mestre Mónica, onde o alumnado deixou voar a súa creatividade para confeccionar diferentes mandalas con elementos naturais: piñas, follas, paos, bellotas, tronquiños de madera, pedras... combinándoos con elementos navideños.

✅️ Obradoiro navideño, coa mestra Karina, onde o alumnado decorou unha árbore de nadal e un agasallo con pinturas e minipezas (botóns, cascabeis, pedras de cores, cubos de madeira...).

Neste vídeo podedes ver un resumo das actividades.

 

Pásalo xenial e, sobre todo, experimentamos e creamos cousas novas!!!

lunes, 18 de diciembre de 2023

Visita de Vega

Hoxe veunos visitar Vega , a cadela da mestra Mónica. 


Con ela aprendemos que coidados requiren os animais:  alimentala dúas ou tres veces ao día, darlle de beber, paseala para que faga unha vida activa e as súas necesidades na rúa (pis e caca) bañala unha vez á semana, limpiarlle os dentes, porlle as vacinas, desparasitala...

Tamén practicamos como paseala coa correa e aprendimos como recoller os excrementos sen mancharnos (cun xoguete, non con caca de verdade 😅). 

Pero sobre todo démoslle moitos bicos e agarimos!!!

Xa estamos desexando que volva outro día de visita 🤣🤣🤣

Queredes velo?

Grafismo Creativo. 4 anos

Elaboramos un Reno de Papá Noel con grafismos. Os grafismos son un paso previo fundamental para a lectoescritura.